«Gustaríame que aquí houbese unha iniciativa lexislativa popular»
Entrevistas | xosé manuel pazos Concelleiro de ACE que levou a moción antitaurina ao pleno de Cangas
Pazos levou a moción antitaurina ao pleno como concelleiro de Cultura por Alternativa Canguesa de Esquerdas.
-¿Por que o fixo?
-Recollemos a tea dos colectivos antitaurinos ao considerar que a festa dos touros é un espectáculo cruel baseado no maltrato animal. Retrotráenos a tempos pretéritos da caza como sustento, pero o mundo avanzou. Ademais, aquí non hai festa nacional, no sentido pexorativo de Rosa Díez.
-¿Por un concepto cultural?
-Porque a relación nosa co boi e a vaca foi sempre de traballo, non de espectáculo, que é algo importado doutra cultura por unha pequena burguesía que só pretende imitar comportamentos capitalinos.
-¿Por que prohibe os touros un concello no que xamais os houbo?
-Hai como vinte anos si que houbo prazas desmontables. Prohibímolos porque non queremos que os volva a haber. Ademais, ¿non hai concellos antinucleares sen centrais? Pero é certo, estaría aínda mellor que os prohibiran en Pontevedra, con mais tradición. Eles deberían ter o honor de seren os primeiros.
-¿Estamos no camiño de Cataluña?
-Gustaríame que aquí houbese tamén unha iniciativa lexislativa popular
http://www.lavozdegalicia.es/socieda...03_8352022.htm