PDA

Ver la versión completa : Reunión de activistas en Vigo



nitta
19-nov-2010, 16:38
Ola amig@:

No territorio galego lévanse a cabo escasas accións en defensa dos animais. Por iso, para que esta situación cambie e poidamos ser a voz dos animais de forma estable convidámoste a acudir este venres 19 a unha importante reunión convocada para ti e todas as persoas que teñan ganas de implicarse máis na defensa dos animais ou que queiran coñecer máis detalles sobre o movemento e as distintas formas de colaboración posibles. Para iso a reunión terá os seguintes obxectivos:

- Crear un grupo de persoas que se autocoordinen e realicen accións en Galicia de forma constante.

- Ofrecerche a posibilidade de formarte como activista mediante obradoiros de formación, obradorios de nutrición e cociña etc.

- Buscar persoas dispostas a realizar accións de desobediencia civil que implican normalmente asumir posibles riscos físicos ou legais.

- Informarche doutras formas de colaboración distintas do activismo a pé de rúa ou de risco que consiste en realizar tarefas que podes levar a cabo dende casa de forma estable ou de forma puntual.

- Aclararche calquera pregunta que teñas sobre Equanimal.


Esta primeira reunión terá lugar en Vigo este venres 19 ás 19:00h na Biblioteca Central de Vigo que está na rúa/Xoaquín Yáñez n°6 (no Casco Vello, zona Praza Princesa)

A túa asistencia a esta reunión é fundamental, pois só coa túa axuda e a doutras persoas coma ti poderemos reactivar Galicia.Envíame un e-mail ou chámame en canto poidas para confirmares
a túa asistencia a:

Galicia@equanimal.orgTef: 650 576 631

Se non podes asistir a esta reunión porque es doutra cidade ou che resulta imposible acudir este día pero tes interese en colaborar para que renaza o activismo en Galicia, faimo saber e poreime en contacto contigo para explicarche en persoa ou por teléfono de que formas podes axudar. Na Coruña teríamos a posibilidade de reunírmonos contigo o venres 26 se che viñese millor que achegarte ata Vigo.

Esperámoste este venres. Para calquera dúbida aquí me tes.

Apertas!



Sara Lago
Voluntariado Estatal - Fundación Equanimal
Apartado 14.454, 28080-Madrid
Tlf. 650 576 631 | www.equanimal.org